Como
todos sabedes, as familias vencelladas ao sector da mineiría extractora de
carbón están a pasar por uns momentos moi complicados. O inminente desmantelamento do
sector e a pechazón do goberno a negociar levou á maioría dos seus traballadores a tomar a decisión nunca doada de ir á folga
indefinida. Isto quer dicir que esa xente está a perder salarios enteiros, todo
para garantir que as zonas mineiras sigan a ter futuro e xere postos de
traballo.
Para
calquera familia é inasumíbel non ter ingresos durante un tempo prolongado, por
iso creouse unha caixa de resistencia solidaria. Trátase dunha conta corrente
onde calquera pode ingresar os cartos que desexe para axudar a esta xente. Nin
que dicir ten que todo o recadado destinarase integramente aos compañeiros en
folga.
Deixámosvos
os datos da conta:
Conta:
0182 – 2370 – 43 – 0201528433
Entidade:
BBVA
NON AO
PECHE DA MINEIRÍA DO CARBÓN
SI Á REACTIVACIÓN
DAS COMARCAS MINEIRAS