jueves, 14 de junio de 2012

Axudas para homes por redución de xornada

O martes 12 de xuño de 2012, publicouse no DOG, a resolución da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se convocan as axudas para os homes e familias monoparentais que reduciron a súa xornada de traballo, entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2011, para o coidado dun fillo ou filla menor de tres anos. A idade do/a fillo/a poderase ampliar ata os 12 anos no suposto de que o/a menor padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%.

A cuantía desta axuda varía en función da porcentaxe de redución de xornada que se solicite, da duración desta e do número de fillos/as, de maneira que a contía da mesma pode ir desde 1600 a 3600 euros. O prazo para a presentación das solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta resolución no DOG.


CALENDARIO LABORAL DE GALICIA PARA 2013

OS 14 DÍAS FESTIVOS DO CALENDARIO LABORAL DE GALICIA PARA 2013 INCLUIRÁN O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E O SAN XOÁN

O Consello da Xunta coñeceu hoxe o informe coa proposta do calendario laboral para o próximo exercicio, que terá que ser aprobada posteriormente por decreto. O Real decreto 2001/1983 que rexe o calendario laboral establece 14 festivos: dous elixidos por concellos, aos que se suman 12 marcados polo Estado, dos que 3 as comunidades autónomas poder exercer a facultade se substitución.

Dos festivos obrigatorios, se algún coincide en domingo, a comunidade autónoma pode substituílo polo luns seguinte, ou ben por outro día de interese. Dado que o próximo ano tanto o 6 de xaneiro como o 8 de decembro coincidirán en domingo, Galicia substituirá estes festivos polo 17 de maio, Día das Letras Galegas, e o 24 de xuño, San Xoán. Escolléronse estes datas pola súa relevancia e posto que o 17 de maio é venres, e o 24 de xuño é luns, polo que ambos os festivos serían correlativos á fin de semana.

Os 9 festivos nacionais que son de carácter obrigatorio e non substituíbles son: 1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. A estes 9, súmanse os outros tres que poden ser substituídos polas comunidades: 6 de xaneiro, Xoves Santo, e 25 de xullo. Destes tres que poden ser substituídos hai que lembrar o seguinte: o 6 de xaneiro non é modificado por ningunha comunidade autónoma; o Xoves Santo tamén se mantén en Galicia, aínda que nalgunha outra comunidade substitúese polo Luns de pascua; e o 25 de xullo si que é substituído en varios territorios, pero non en Galicia por ser o día nacional desta comunidade.

Polo tanto, os festivos que podería substituír a comunidade autónoma serían aqueles que caen en domingo, que en 2013 son dous: o 6 de xaneiro e o 8 de decembro. Polo tanto, a Xunta decidiu substituír estes dous días polo tradicionalmente festivo Día das Letras Galegas, que coincidiría en venres; e, como novidade, inclúese o 24 de xuño, San Xoán, que coincide en luns.

De cara a 2013, decidiuse elixir ao San Xoán como festivo (en detrimento doutros como poderían ser o 19 de marzo ou o Martes de Entroido), xa que o 24 de xuño coincide en luns e, polo tanto, permitiría avanzar no establecemento paulatino en luns dos festivos que caen entre semana co fin de mellorar a economía. Isto no que se refire aos festivos que competen á comunidade autónoma, xa que cabe recordar que o cambio dos festivos de carácter obrigatorio a luns é unha competencia estatal, posto que deben ser o mesmo día en todo o territorio nacional.

martes, 12 de junio de 2012

A palabra dos defraudadores

O filósofo, xornalista, escritor e colaborador en diferentes medios, Josep Ramoneda, fai unha fotografía bastante clara da abdicación do goberno a prol daqueles poderosos que nunca foron votados por ninguén. Deste xeito, os dereitos sociais e laborais da cidadanía son capados polos escuros intereses duns poucos.

Ver artigo

Mobilízate contra o recorte dos teus dereitos

Como todos sabedes, a última reforma laboral abríu a porta á xeralización do traballo precario e reducíu sensibelmente os dereitos adquiridos que os traballadores e traballadoras conquistaron ao longo de décadas. De feito, estamos a falar do meirande recorte de dereitos da nosa historia contemporánea.
Dende o sindicalismo de clase seguimos apostando pola unidade dos traballadores para berrar alto e claro o noso rexeite a convertirnos en burros de carga, escravizados pola inseguridade laboral que o goberno do Partido Popular lexislou, concedendo á CEOE o seu benquerido despedimento barato ou incluso gratuíto.
As mentiras dun goberno que falaba de crear emprego, de que nunca seríamos rescatados, de que farían as cousas "como Dios manda", obríganos a dicirlles unha vez máis que a súa maioría absoluta (acadada grazas a un número de votos que noutras eleccións suporía unha derrota electoral) non é unha ditadura.
Porque hai moito que perder. Porque o futuro de todos e todas está en xogo (as pensións dos nosos pais, o noso propio futuro laboral, a educación e traballo dos nosos fillos, etc.). Porque vivimos nunha ditadura liderada polos mercados e lobbys que ninguén votou.

Pola nosa dignidade, non é tempo de baixar os brazos e caer no conformismo (derrotismo).

Acudide á manifestación deste 20 de xuño que sairá da praza da Palloza ás 20:00 horas.


martes, 5 de junio de 2012

O programa da austeridade

Paul Krugman, galardoado co Premio Nobel de Economía no ano 2008 (entre outros recoñecementos), fala da tendenciosa e malintencioada metáfora que adoita empregar a dereita neoliberal para xustificaren os seus recurtes e “austeridade”: a equiparación dos problemas de débeda dunha economía nacional cos problemas de débeda dunha familia individual.
Porque recurtar o gasto namentres a economía está en recesión é unha estratexia contraproducente.

Ver artigo

Paul Krugman, galardonado con el Premio Nobel de Economía en 2008 (entre otros reconocimientos), habla de la tendenciosa y malintencionada metáfora que suele utilizar la derecha neoliberal para justificar sus recortes y “austeridad”: la equiparación de los problemas de deuda de una economía nacional con los problemas de deuda de una familia individual.
Porque recortar el gasto mientras la economía está en recesión es una estrategia contraproducente

Ver artículo

MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Esperamos que nunca ninguén precise este tipo de axudas, pero aí están. Por se tedes algunha coñecida que lle poida vir ben, deixámosvos a resolución do DOG:


Un saúdo.