jueves, 14 de junio de 2012

CALENDARIO LABORAL DE GALICIA PARA 2013

OS 14 DÍAS FESTIVOS DO CALENDARIO LABORAL DE GALICIA PARA 2013 INCLUIRÁN O DÍA DAS LETRAS GALEGAS E O SAN XOÁN

O Consello da Xunta coñeceu hoxe o informe coa proposta do calendario laboral para o próximo exercicio, que terá que ser aprobada posteriormente por decreto. O Real decreto 2001/1983 que rexe o calendario laboral establece 14 festivos: dous elixidos por concellos, aos que se suman 12 marcados polo Estado, dos que 3 as comunidades autónomas poder exercer a facultade se substitución.

Dos festivos obrigatorios, se algún coincide en domingo, a comunidade autónoma pode substituílo polo luns seguinte, ou ben por outro día de interese. Dado que o próximo ano tanto o 6 de xaneiro como o 8 de decembro coincidirán en domingo, Galicia substituirá estes festivos polo 17 de maio, Día das Letras Galegas, e o 24 de xuño, San Xoán. Escolléronse estes datas pola súa relevancia e posto que o 17 de maio é venres, e o 24 de xuño é luns, polo que ambos os festivos serían correlativos á fin de semana.

Os 9 festivos nacionais que son de carácter obrigatorio e non substituíbles son: 1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. A estes 9, súmanse os outros tres que poden ser substituídos polas comunidades: 6 de xaneiro, Xoves Santo, e 25 de xullo. Destes tres que poden ser substituídos hai que lembrar o seguinte: o 6 de xaneiro non é modificado por ningunha comunidade autónoma; o Xoves Santo tamén se mantén en Galicia, aínda que nalgunha outra comunidade substitúese polo Luns de pascua; e o 25 de xullo si que é substituído en varios territorios, pero non en Galicia por ser o día nacional desta comunidade.

Polo tanto, os festivos que podería substituír a comunidade autónoma serían aqueles que caen en domingo, que en 2013 son dous: o 6 de xaneiro e o 8 de decembro. Polo tanto, a Xunta decidiu substituír estes dous días polo tradicionalmente festivo Día das Letras Galegas, que coincidiría en venres; e, como novidade, inclúese o 24 de xuño, San Xoán, que coincide en luns.

De cara a 2013, decidiuse elixir ao San Xoán como festivo (en detrimento doutros como poderían ser o 19 de marzo ou o Martes de Entroido), xa que o 24 de xuño coincide en luns e, polo tanto, permitiría avanzar no establecemento paulatino en luns dos festivos que caen entre semana co fin de mellorar a economía. Isto no que se refire aos festivos que competen á comunidade autónoma, xa que cabe recordar que o cambio dos festivos de carácter obrigatorio a luns é unha competencia estatal, posto que deben ser o mesmo día en todo o territorio nacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.