Desde a lista de CC.OO.
de netex convidamos a todos os traballadores a participares na concentración do
día 23 maio ás 22:00, fronte á Delegación do Goberno. O motivo é a votación da
reforma laboral no Congreso dos Deputados que se celebrará este xoves, día 24 de maio.
Esta mobilización encádrase
dentro da campaña “Noite e día contra a reforma laboral”, que se reproducirá en todo o Estado e que consta de dúas
convocatorias:
- Mércores 23, a partires das 22:00.
- Xoves 24, a partires das 12:00 (durante a votación da reforma).
Como non podería ser doutro
xeito, amba-las dúas convocatorias son abertas a todo aquel que desexe participar.
De feito, CC.OO. fai un chamamento de participación a todos os traballadores, así
como a colectivos e asociacións civís. Pero, por razóns obvias, as concentracións
do xoves están máis enfocadas a traballadores en paro e a delegados sindicais.
Por outra banda, os sindicatos
maioritarios tamén mantiveron diversas reunións cos diferentes partidos políticos
presentes no Parlamento para que voten en contra da reforma, aínda que con toda
seguridade a maioría absoluta do Partido Popular pasará rodillo.
Como sabedes, nos últimos
meses, os sindicatos intensificaron a súa campaña de información e mobilización
ao través dunha folga xeral e diversas manifestacións en todo o Estado cun
grande seguimento. A imposición dunha reforma laboral inxusta e inútil é o
cumio dun ataque sen precedentes ao Estado do benestar, pois ataca á repartición
da riqueza, abrindo o camiño da subsistencia para os traballadores e o da
opulencia para os grandes empresarios. Un modelo de reforma que, como amosan os datos do paro
rexistrado, está a provocar maior destrución de emprego e un abaratamento do
despedimento; ademais de anular a negociación colectiva e individualizar as relaciones
laborales.
É por isto que as mobilizacións
continuarán, sen descartar unha nova folga xeral, ata que o Goberno volte ao rego do diálogo social e dea marcha atrás a esta reforma que nos devolve ao
S. XIX.
Desde la lista de CC.OO. de netex invitamos a todos los trabajadores a participar en la concentración del día 23 de mayo a las 22:00, frente a la Delegación del Gobierno. El motivo es la votación de la reforma laboral en el Congreso de los Diputados que se celebrará este jueves, día 24 de mayo.
Esta movilización se encuadra dentro de la campaña "Noche y día contra la reforma laboral", que se reproducirá en todo el Estado y consta de dos convocatorias:
- Miércoles 23, a partir de las 22:00.
- Jueves 24, a partir de las 12:00 (durante la votación de la reforma).
Por otra parte, los sindicatos mayoritarios también han mantenido diversas reuniones con los diferentes partidos políticos presentes en el Parlamento para que voten en contra de la reforma, aunque con toda seguridad la mayoría absoluta del Partido Popular pasará rodillo.
Como sabéis, en los últimos meses, los sindicatos han intensificado su campaña de información y movilización a través de una huelga general y diversas manifestaciones en todo el Estado con un gran seguimiento. La imposición de una reforma laboral injusta e inútil es la culminación de un ataque sin precedentes al Estado del bienestar, pues ataca a la repartición de la riqueza, abriendo el camino de la subsistencia para los trabajadores y el de la opulencia para los grandes empresarios. Un modelo de reforma que, como demuestran los datos de paro registrado, está provocando una mayor destrucción del empleo y un abaratamiento del despido; además de anular la negociación colectiva e individualizar las relaciones laborales.
Es por esto que las movilizaciones continuarán, sin descartar una nueva huelga general, hasta que el Gobierno vuelva a la senda del diálogo social y dé marcha atrás a esta reforma que nos devuelve al S. XIX.