Mostrando entradas con la etiqueta CIG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CIG. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de julio de 2012

As mobilizacións continuarán

Aquí deixámosvos o comunicado das tres principais centrais sindicais de Galicia logo das multitudinarias manifestacións de onte:


A cidadanía mobilizouse de xeito masivo en dez localidades galegas

Máis de 350.000 galegos e galegas claman na rúa contra o «saqueo» que representan os recortes do Goberno do PP

As manifestacións máis multitudinarias en Galicia nos últimos anos

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2012.- Esta tarde, máis de 350.000 persoas participaron en dez manifestacións por todo o territorio galego. De xeito unitario e masivo clamaron contra o «saqueo» que representan os últimos recortes aprobados polo Goberno central, en mans do PP, que agravan os efectos dos impostos semanas e meses atrás.

Na Coruña, en Ferrol, en Santiago de Compostela, en Burela, en Lugo, en Ourense, no Barco de Valdeorras, en Vilagarcía de Arousa, en Pontevedra e en Vigo sentiuse o clamor unánime da maioría social deste país. Nesta xornada de mobilización, os secretarios xerais dos tres sindicatos participaron na marcha que partiu da coruñesa praza da Palloza, na que foi unha das mobilizacións máis multitudinarias que se lembran.

Desde a cidade herculina, os dirixentes sindicais denunciaron, unha vez máis, o «saqueo» que supón para a clase traballadora o novo paquete de medidas, que cualificaron tamén de «insolidarias», «inxustificadas» e «inxustas». Advertiron tamén de que este plan de recortes, especialmente lesivo para quen menos ten, non vai quedar sen resposta.

Para CIG, CCOO e UGT, o «programa oculto» do PP, agora por fin revelado, ten como obxectivo eliminar dereitos, deteriorar os servizos públicos e precarizar e desregular o máis posible as condicións de vida e de traballo. Por iso aprobaron a diminución da prestación por desemprego a partir dos seis meses do 60 ao 50%, así como o endurecemento dos requisitos para o acceso á renda activa de inserción ou a suba do tipo xeral do IVE do 18 ao 21% e do reducido do 8 ao 10%.
Na mesma liña van a supresión da paga extra de Nadal das empregadas e empregados públicos e da súa negociación colectiva; a redución das empresas e fundacións públicas; a delimitación da prestación de servizos por parte dos concellos, reforzando a cambio as deputacións; a liberalización do sector dos servizos e flexibilización dos horarios comerciais e a privatización dos sectores de transporte ferroviario, portuario e aeroportos, entre outras. Mentres iso sucede, os auténticos responsables da crise vense beneficiados por amnistías fiscais e políticas favorables aos seus intereses.

Aproveitando a súa maioría absoluta tanto en Galicia como no Estado, o PP estase limitando a gobernar a golpe de decreto. Néganse ao diálogo e converten as mesas e espazos legais de negociación en simples trámites informativos. Ante a ausencia de talante democrático de quen goberna, o movemento sindical expresarase mediante mobilizacións, advirten CCOO, UGT e CIG.

martes, 17 de julio de 2012

UGT, CCOO e CIG convocan mobilizacións de forma conxunta para este xoves 19 (comunicado das centrais sindicais)

Santiago, 16 de xullo de 2012.- Diante das graves medidas que vén de adoptar o Goberno, as tres organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT acordamos convocar conxuntamente manifestacións cidadás o vindeiro xoves, día 19 de xullo, nas principais cidades e vilas galegas. Todas elas discurrirán baixo o lema “Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen”. Subliñar que o acto central, ao que acudirán os secretarios xerais dos tres sindicatos, será en A Coruña.

Medidas todas elas dirixidas a recortar, unha vez máis, dereitos e precarizar as condicións de vida e de traballo da maioría social, para que finalmente sexan as clases traballadoras quen paguen unha crise que non provocaron, ao tempo que se protexen e benefician os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores.  

Con ese obxectivo o Goberno impón a diminución da prestación por desemprego a partir dos seis meses do 60 ao 50%, así como, o endurecemento dos requisitos para o acceso á renda activa de inserción; de incrementar os impostos indirectos subindo o tipo xeral do IVE do 18 ao 21% e o reducido do 8 ao10%; de suprimir a paga extra de Nadal das empregadas e empregados públicos e a súa negociación colectiva; de reducir as empresas e fundacións públicas; de delimitar a prestación de servizos por parte dos concellos, reforzando a cambio as deputacións; de liberalizar o sector servizos ou flexibilizar os horarios comerciais; ou privatizar os sectores de transporte ferroviario, portuario e aeroportos, entre outras.

Por iso, facemos un chamamento a que, masivamente, a cidadanía galega poña de manifesto na rúa o seu rexeitamento, tanto a estas políticas antisociais promovidas polo PP, como aos argumentos empregados para defendelos e a forma de escenificalos.



martes, 27 de marzo de 2012

Dez pasos ou preguntas para a folga

Aquí vos deixamos dez preguntas ou dúbidas típicas relacionadas coa folga xeral, para quen non o teña claro de todo.

miércoles, 22 de febrero de 2012

Cambios en conciliación de la vida laobral y familiar

Coa nova reforma laboral introducíronse cambios en materia de conciliación da vida laboral e familiar. Aquí tedes un resumo para que estedes ó tanto de como vos poden afectar.

Con la nueva reforma laboral se introdujeron cambios en materia de conciliación de la vida laboral y familiar. Aquí tenéis un resumen para que estéis al tando de cómo os pueden afectar estos cambios.



miércoles, 15 de febrero de 2012

Asamblea informativa abierta (CIG)

Para informar das consecuencias e da realidade da nova reforma laboral levada a cabo unilateralmente polo actual goberno do PP, a CIG conovoca unha Asamblea aberta a todas aquelas persoas que queran participar e informarse sobre esta reforma. Será este xoves 16 ás 19:30 na praza de Pontevedra.

Para informar de las consecuencias y de la realidad de la nueva reforma laboral llevada a cabo unilateralmente por el actual gobierno del PP, la CIG convoca una Asamblea abierta a todas aquellas personas que quieran participar e informarse sobre esta reforma. Será este jueves 16 a las 19:30 en la plaza de Pontevedra.